A historia de Elena é a historia dunha vocación frustrada, dunha artista á que non lle deixaron selo. Á que tan só se lle permitiu ser filla de... e irmá de. Cóntanos a vida dunha persoa que tivo que ver como outros decidían vivir por ela a súa vida, como os seus camiños se decidían entre a autoridade paternal e a relixiosa. Viviu sobreprotexida, evitando así que a maxia que desprendía se convertese en arte. Pero tamén é unha historia de superación, de forza, de perseverancia, que nos conta como Elena voou coa imaxinación cando lle cortaron as ás. O conto dunha raiña que tardou en ver recoñecido o seu reinado, pero que morrerá con toda unha terra entregada a sosterlle a súa coroa. Unha auténtica raiña: a raiña do Entroido de Verín.
Idioma: Galego Subtítulos: Español, Portugués, Francés e Inglés Extras: Trailer, Making of, Fotofixa:, Música
Ref: CLAQ02
Ourense, Galicia
988 065 176
hola@randomarket.es
RandoMarket
Legal